jueves, 25 de febrero de 2010

POR FIN VOU ESTAR NOS GOYA!! ESTE VENRES 26 Á NOITE!!

Farei un dos meus monólogos-diálogos (cos meus personaxes), tedes que aparecer por Monforte este venres, vou pasar lista, eu e os 50 que veñen comigo no monovolume ;)

miércoles, 17 de febrero de 2010

ESTE VENRES presento a XXI FESTA LOCAL DO DEPORTE EN VILAGARCÍA

Especialmente orientada ao deporte de base. Alí estarei co meu monovolume cheo de personaxes: Arsenio, Florentino Pérez, Messi, Ronaldo, Valdano, Cruyff... e outros que en principio non teñen que ver co deporte, non son cativos, pero queren ir.
Ás 19.30 no Auditorio de Vilagarcía.
Non a perdades!!

jueves, 11 de febrero de 2010

FESTIVAL DE HUMOR DE MIÑO ESTE MARTES DE ENTROIDO CON RISOTERAPIA. 16 de Febreiro de 2010 18:30

Na Carpa de Rabazal FESTIVAL DE HUMOR coa actuación de PACO LODEIRO e CARLOS JIMÉNEZ (Non estará Blanco como pon no cartel, pero non sodes racistas non?) o dúo "RISOTERAPIA", presentados por MON ALVO.Os máis de cen personaxes destes imitadores falarán da xubilación ós 67, das medidas diante da crise solucións: o feisbu, a troula do entroido, da separación de Marichalar e a princesa (quen di separación, di cese temporal definitivo da convivencia), o enfrontamento entre Maradona e Valdano, e por se fora poco o disgusto das señoras por non poder ver a Gayoso e Boney M por mor da TDT.Fraga, Paco Vázquez, a Duquesa de Alba, Fidel Castro, Boris Izaguirre, Zapatero, Rajoy, Aznar, Florentino Pérez, Arsenio, Luis Moya, o Rey Juan Carlos, Llongueras, David Vidal, e moitos máis, e para rematar, o mesmo Papa Bieito XVI vai dar a sorpresa de bendecir unha festa pagana como é o carnaval.Eu non o perdía ;)

martes, 2 de febrero de 2010

Este venres Monólogo no Teatrovar en Ponteareas

Ás 23.30horas monólogo en dúas partes no Paseo Matutino nº 4, en Ponteareas. Non o perdades!!
Estarán parte das miñas 120 personaxes falando da xubilación aos 67 anos, da saída da Viagra xenérica, da traxedia de Cristiano Ronaldo e a súa sanción, do apagón analóxico e cómo está afectando a Galicia, por suposto da crise... E as plumas máis brilantes de España (Antonio Gala e Boris Izaguirre) nos achegarán o que pasa na actualidade do cuore.
Tódolos políticos, tódolos personaxes do deporte...
Non o perdades!! Tomades unha copa e botades uns risos