viernes, 29 de enero de 2010

Carlos Jiménez por Paco Lodeiro, compi en Risoterapia


Carlos Jiménez Díaz, a pesar da instintiva deducción que esperta escoitar os seus apelidos, non pertence a unha saga madrileña de ampla tradición médica, con fundación incluída.  Jiménez procede dunha familia de artistas da fotografía de Viveiro. O seu paso por este mundo non aportou nada salientable. Encargado de sonorizar os vídeos de voda que facía o seu irmán, Carlos fidel á tradición recurría sempre a Vángelis, coa peza carros de fuego para os momentos máis emotivos. Creo que foi vendo un capítulo de Erase una vez el hombre, cando decidiu facerse Exiptólogo. Así que da mariña luguesa chegou a Compostela para facer historia, ou cando menos para estudiala. Rematada a carreira, parece que xa tiña claro que a súa afección por Exipto limitaríase á influír na decoración da súa casa, e que o que realmente lle chamaba da serie Erase unha vez... eran as voces dos seus debuxiños. E aí descubriu o mundo da dobraxe, un mundo especialmente axeitado para él, porque non implica en absoluto o dobraxe do lombo, algo para o que xa reflicte no seu xenoma un rexeitamento conxénito. Convertirse no “Pablo Marmol” galego, supuxo un punto de inflexión para Jiménez, - só comparable á sofrida a finais dos oitenta, polo agora erudito e antes Rockeiro Ramoncín cando fixera a cirurxía no naris-. Desa inesquecible serie aínda conserva o recoñecemento dun bo traballo e unha fonte para atopar identificativos, paswords ou direccións de correos, que sempre teñen que ver con eso.
Carlos Jiménez é, sen dúbida, nin peloteo propio de compi, senón desde a envexa máis común.  unha das voces máis camaleónicas do mundo. Capaz de instalarse no Boris máis histriónico logo de facer do D. Manuel máis emocionado, ou de facer calquera das máis de 100 imitacións recoñecibles que ten. Algo que fai del o compañeiro ideal para este traballo

No hay comentarios:

Publicar un comentario